Por petición da beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., o director territorial asinou unha resolución en que declara a renuncia da devandita empresa a continuar coa tramitación do expediente IN407A 2022/215-1, no concello de Rianxo.
Tendo en conta que o proceso expropiatorio chegou ata a fase de notificación de ocupación e requirimento da folla de valoración do expropiado e que este é descoñecido, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles ás persoas que poidan ter a condición de interesadas no expediente que este será arquivado sen máis trámite.
A Coruña, 2 de decembro de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
