DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66279

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de decembro de 2024, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Baiona.

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 2 de decembro de 2024, co seguinte texto literal:

«Declarar área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) a área continua do Plan especial de protección do conxunto histórico-artístico referente á vila de Baiona, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file