DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66217

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria para a renovación da mención de excelencia concedida a titulacións universitarias oficiais de máster impartidas por
universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 231, do 29 de novembro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 62743, antes do DISPOÑO, onde di: «O prazo de validez da mención de máster universitario excelente concedida pola dita resolución esgota o seu período de validez o 31 de agosto de 2024», debe dicir: «O prazo de validez da mención de máster universitario excelente concedida pola dita resolución esgota o seu período de validez o 31 de agosto de 2025».