DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada no concello do Petín (expediente IN407A 2024/59-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA RUA806 no treito entre os apoios números 10 e 12, na casa do concello de Petín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 3 de decembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/59-3.

Instalación: Regulamentación LMTA RUA806 no treito entre os apoios números 10 e 12.

Concello: Petín.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Penelas

32061A018012580000TR

Herdeiros de Felisa Quiroga Fernández

Enderezo descoñecido

Casa do concello de Petín

17.2.2025

12.15

2

Penelas

32061A018012740000TW

Herdeiros de Josefa Diéguez Chepe

Enderezo descoñecido

Casa do concello de Petín

17.2.2025

12.20