DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunican a consignación de depósitos previos á ocupación e a data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto LMT, CT As Gándaras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT As Gándaras, nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves, que figuran no cadro anexo.

Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.

Vigo, 3 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/242-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT As Gándaras.

Concello: Salvaterra de Miño e As Neves.

Predio

Referencia catastral

Titular

Data de ocupación

Depósito previo

1

36050A068003230000PK

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/516

2

36050A068003190000PO

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/517

3

36050A068003200000PF

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/518

4

36050A068600020000PS

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/519

5

36034A074001280000HI

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/520

6

36034A073006260000HK

Descoñecido

13 de xaneiro de 2025

2024/54/521