DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66395

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO da convocatoria do XXXII premio Puro Cora.

O premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, contribuísen a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2025, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2024

Blanca García Montenegro
Presidenta