A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 27 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:
«7. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Fene (taxa pola prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo).
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Fene en relación coa seguinte materia:
Recadación voluntaria e executiva da taxa pola prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo das augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal.
2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 3 de outubro de 2024
|
O presidente da Deputación Provincial da Coruña |
Amparo Taboada Gil |
