DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66393

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aceptación da delegación de competencias do Concello de Pontedeume (recadación voluntaria e executiva da taxa de recollida de lixo e da taxa por ocupación de postos no mercado municipal, de carácter non periódico).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 13 de setembro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«25. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Pontedeume (recadación voluntaria e executiva da taxa de recollida de lixo e da taxa por ocupación de postos no mercado municipal, de carácter non periódico).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Pontedeume en relación coas seguintes materias:

Recadación voluntaria e executiva da taxa de recollida de lixo e da taxa por ocupación de postos no mercado municipal, de carácter non periódico.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 3 de outubro de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación
Provincial da Coruña