DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66392

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Narón (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o 24 de xullo de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«24. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Narón (imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana).

1. Aceptar a delegación das competencias acordadas polo Concello de Narón en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana ou do imposto municipal que o complemente ou substitúa no futuro.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 27 de agosto de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da
Deputación Provincial
da Coruña