DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66391

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO da aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Tordoia (instrución de expedientes sancionadores por infraccións de tráfico e a súa recadación voluntaria e executiva).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria extraordinaria e urxente que tivo lugar o 28 de xuño de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«17. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Tordoia (instrución de expedientes sancionadores por infraccións de tráfico e a súa recadación voluntaria e executiva).

1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Tordoia en relación coa seguinte materia:

Instrución dos expedientes sancionadores por denuncias cursadas polo Concello por infraccións das normas sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, así como a súa recadación tanto en período voluntario como executivo.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia e as bases para a prestación de servizos en materia de sancións por infracción das normas de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 31 de xullo de 2024

O presidente da Deputación Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 33475/2023)
José Ramón Rioboo Castro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da
Deputación Provincial
da Coruña