DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66390

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO das bases específicas e da convocatoria dunha praza de conserxe, incluída na oferta pública de emprego extraordinaria de estabilización para 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 220, do 14 de novembro de 2024, foron publicadas as bases específicas do concurso-oposición dunha praza de conserxe, quenda de discapacidade, incluída na oferta pública de emprego extraordinaria de estabilización para 2023.

Narón, 27 de novembro de 2024

Marian Ferreiro Díaz
Alcaldesa