No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 221, do 15.11.2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, pola quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, dunha praza de condutor/a tractorista, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios, por oposición.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.
Fene, 15 de novembro de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
