No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 221, do 15.11.2024, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria para prover, pola quenda libre e mediante persoal laboral fixo, de dúas prazas de peón/peoa de limpeza de edificios municipais, coa clasificación segundo convenio, equivalente a subgrupo AP, por oposición.
A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais, a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOE.
Fene, 15 de novembro de 2024
Juventino José Trigo Rey
Alcalde
