Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, da USC, logo de comprobar que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVO:
Primeiro. Nomear funcionarias e funcionarios en prácticas da escala de xestión, subgrupo A2, as persoas aspirantes propostas pola quenda de promoción interna que se relacionan no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 24 de xaneiro de 2025, data en que comezará o curso selectivo.
Segundo. O curso selectivo terá carácter obrigatorio e eliminatorio segundo se determina no anexo I da Resolución do 11 de maio de 2023 pola que se convocaban as probas selectivas, e desenvolverase fóra do horario de traballo.
Terceiro. A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas funcionarias en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Cuarto. Deberase formular a opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionaria/o en prácticas, de conformidade co previsto no citado decreto.
Quinto. Mediante resolución da Xerencia convocarase o curso selectivo e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento.
O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas, e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declarará apto/a ou non apto/a os distintos aspirantes.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas por orde de puntuación
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***1303** |
Neo Rey, Sonia |
|
2 |
***1471** |
Lombao Vázquez, Catuxa |
|
3 |
***4220** |
Rodeiro Pico, María Remedios |
|
4 |
***8943** |
Pérez Doce, José Arturo |
|
5 |
***3922** |
Mendoza Fernández, María |
|
6 |
***7890** |
López Taladriz, Jorge |
|
7 |
***8079** |
Romero Banzas, Xosé Antón |
|
8 |
***6940** |
Moure Vieiro, Rosa |
|
9 |
***9516** |
Pernas Abad, Alejandra |
|
10 |
***3084** |
Iglesias Maseda, José Manuel |
|
11 |
***9683** |
Domínguez González, Virginia |
|
12 |
***3452** |
González Fernández, Jacobo Manuel |
|
13 |
***7433** |
Milmanda Cajaraville, Mª de la Paz |
|
14 |
***7799** |
Boquete Botana, Manuel |
|
15 |
***1978** |
Fernández Fernández, Ada |
|
16 |
***7435** |
González Porrúa, José Luis |
|
17 |
***1758** |
Vázquez Salgueiros, Álvaro |
|
18 |
***0771** |
Varela Pulpeiro, María Jesús |
|
19 |
***1994** |
Abuín Ratón, Margarita |
|
20 |
***2560** |
Reimóndez Meilán, Iván |
|
21 |
***1339** |
Viña Rey, Mª Cristina |
|
22 |
***7504** |
Otero Parga, María José |
|
23 |
***0894** |
Valledor Núñez, Raquel |
|
24 |
***7566** |
Varela Señarís, Mercedes |
|
25 |
***1369** |
Sieiro Negro, Elena |
|
26 |
***5805** |
Arias Díaz, Sara |
|
27 |
***6256** |
Rey Rodríguez, Mª de la Soledad |
|
28 |
***9899** |
Calvo Vieito, Lourdes |
|
29 |
***6217** |
Canosa Villar, Elvira |
|
30 |
***8666** |
Pillado Vega, Elena |
|
31 |
***3187** |
Álvarez Arias, Rocío |
