Unha vez rematadas as fases de oposición e de concurso, e de conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso na escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, pola quenda de acceso libre, e logo de comprobar que a persoa aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, en virtude do disposto no artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,
RESOLVO:
Primeiro. Nomear funcionaria en prácticas da escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A2, a persoa aspirante proposta que se relaciona no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 24 de xaneiro de 2025, data en que comezará o curso selectivo.
Segundo. O curso selectivo terá carácter obrigatorio e eliminatorio segundo se determina no anexo I da Resolución do 24 de febreiro de 2023 pola que se convocaban as probas selectivas, e desenvolverase fóra do horario de traballo
Terceiro. A situación xurídica da persoa aspirante nomeada funcionaria en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.
Cuarto. Deberase formular a opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de funcionaria en prácticas, de conformidade co previsto no citado decreto.
Quinto. Mediante resolución da Xerencia convocarase o curso selectivo e ditaranse as instrucións oportunas para o seu desenvolvemento.
O tribunal, de conformidade co previsto no anexo I da convocatoria das probas selectivas, e á vista dos informes vinculantes do profesorado, declarará apta ou non apta a aspirante.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Relación definitiva de persoas aspirantes seleccionadas por orde de puntuación
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***2438** |
Balado García, Lucía |
