DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2024 Páx. 66384

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de delimitación do polígono de solo urbano non consolidado (UU-R6) do Plan xeral de ordenación municipal (expediente 2024/U032/000003).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 4 de novembro de 2024, acordou aprobar definitivamente o axuste do ámbito de solo urbano non consolidado UU-R6 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo, segundo os informes técnicos e xurídicos que constan no expediente.

Faise público este acordo, ao abeiro do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do regulamento desta lei (Decreto 143/2016, do 22 de setembro).

Carballo, 19 de novembro de 2024

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde