Por superar o proceso selectivo e acreditar posuír os requisitos exixidos, mediante o Decreto da Alcaldía núm. 3394/2024, do 22 de outubro de 2024, declarouse persoal laboral fixo do Concello de Ames a David Segade Pallas, con DNI núm. ***3756**, na praza de conserxe (centros de ensino), grupo C2, con código da RPT núm. 09.01.05 e tipo de adscrición definitiva.
De conformidade coas bases (Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 234, do 13.12.2022, con correccións no núm. 3, do 4.1.2023), a formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio da resolución no BOP. O dito anuncio publicouse no BOP núm. 211, do 31 de outubro de 2024.
Ames, 5 de novembro de 2024
José Blas García Piñeiro
Alcalde
