Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo deles alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, comunícase que:
Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES42 0081 5363 20 0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se produza o cobramento, iniciarase o período executivo.
Contra esta liquidación poderase interpoñer, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).
Para que conste, sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Pontevedra, 29 de novembro de 2024
José Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
ANEXO
|
DNI/NIF/NIE/Nome |
Concepto |
Período |
Débeda |
|
037337065S |
Fra. 202402499 |
17.4.2024 |
536,68 |
|
Z1804155V |
Fra. 202402775 |
6.5.2024 |
582,94 |
|
013451157K |
Fra. 202403126 |
23.5.2024 |
69,24 |
|
077402818K |
Fra. 202403466 |
14.6.2024 |
361,59 |
|
Z00477808B |
Fra. 202404252 |
19.7.2024 |
536,68 |
|
078140345F |
Fra. 202404253 |
19.7.2024 |
401,94 |
