DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66499

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023 pola que se exclúen persoas aspirantes do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1).

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG número 169, do 6 de setembro), fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG número 26, do 7 de febreiro).

Por non cumpriren os requisitos de acceso por causas sobrevidas,

DISPOÑO:

Excluír do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral, polo motivo 44, as persoas que como consecuencia da Resolución do 27 de novembro de 2024 foron nomeadas como persoal funcionario de carreira (esta listaxe pódese consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal).

Contra esta resolución poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal