DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66497

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se determina a composición da Comisión de Avaliación do concurso de traslados entre persoal funcionario docente.

Logo de realizado o sorteo para a composición da Comisión Avaliadora a que fai referencia a Orde do 21 de outubro de 2024 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (Diario Oficial de Galicia núm. 212, do 4 de novembro) (código de procedemento ED012A), de acordo co que establece a súa disposición vixésimo sexta, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPÓN:

Primeiro. Constituirase a comisión que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Actuará como persoa secretaria da comisión a persoa vogal con menor antigüidade na función pública docente como persoal funcionario de carreira, agás que a comisión acorde determinalo doutro xeito.

Terceiro. A Comisión de Avaliación poderá solicitar o asesoramento que considere oportuno.

Cuarto. Os membros da Comisión terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xuño), e polo Decreto 96/2011, do 5 de maio (DOG do 30 de maio, corrección de erros do 1 de xuño) e, conforme as clasificacións que recolle, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2024

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Comisión de Avaliación

Orde do 21 de outubro de 2024 (DOG núm. 212, do 4 de novembro) (código de procedemento ED012A)

Posto

DNI

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Presidente titular

***5824**

Guerra

Fernández

Manuel

Vogal titular 1

***0953**

Armada

Vigo

Marina

Vogal titular 2

***6568**

Barreiro

Carballal

Manuel Luis

Vogal titular 3

***6367**

Gestal

Couselo

María Jesús

Vogal titular 4

***9975**

Paz

López

Raquel

Vogal titular 5

***5953**

Millán

Pérez

Martín

Vogal titular 6

***8580**

García

Gutiérrez

Sandra

Vogal titular 7

***9266**

Conde

García

Rosa María

Vogal titular 8

***7754**

Lorenzo

López

Óscar

Vogal titular 9

***2264**

Lado

Vara

Francisco José

Presidente suplente

***4137**

García

Rodríguez

María Carmen

Vogal suplente 1

***5970**

Cimadevila

Cea

María del Carmen

Vogal suplente 2

***5083**

Andrade

Grande

Perfecto

Vogal suplente 3

***2946**

Álvarez

Ramos

María Jesús

Vogal suplente 4

***0101**

Guillas

Laurence Marie

Vogal suplente 5

***2340**

Collazo

Quinteiro

Juan Manuel

Vogal suplente 6

***3214**

Parga

Rodríguez

Iria

Vogal suplente 7

***9820**

Martínez

Rios

Amelia María

Vogal suplente 8

***3539**

Martínez

Sánchez

Luis

Vogal suplente 9

***9069**

Rodríguez

Queijas

Juan Carlos