DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cox. Cogal 11.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para a presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11, do predio que se detalla no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A interesada poderá presentar, no prazo de vinte (20) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concrete o valor da indemnización que considere que lle corresponde pola imposición da servidume de paso do predio que figura na relación.

Vigo, 4 de decembro de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/218-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: reconectador e fusibles XS na LMTA LAL811 Rodeiro-Cog. Cogal 11.

Concello: Dozón.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36016A02900044

Descoñecido/a