Asunto: proxecto de expropiación dos bens e dereitos afectados pola ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo, fase III.
Concello: Palas de Rei.
Promotor: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.
Administración expropiante: Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.
A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, mediante a Resolución do 18 de outubro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 219, do 13 de novembro, acordou aprobar inicialmente e someter a información pública o proxecto de expropiación forzosa para a ampliación do parque empresarial de Palas de Rei-Lugo (fase III).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos na dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo de este anuncio para seren notificadas por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do acordo adoptado pola directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria, na rolda da Muralla, núm. 70, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais da páxina web da consellería, https://economia.xunta.gal
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2024
Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
ANEXO
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Superficie total (m2) |
Superficie afectada (m2) |
|
2 |
27040A001000130000UD/ 27040A001000130001IF |
Manuel Pereiro Orozco |
612,00 |
190,00 |
|
9 |
1875603NH9417N0001KD |
María Rosa Vázquez García |
1.441,00 |
96,00 |
