De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.
Por este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación co inmoble que a seguir se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Referencia catastral |
Lugar |
Propietarios |
|
9762911NH1096S0001XS |
Avda. Rabuñade, s/n, Ribadumia |
Arturo Abal Casais e Arturo Abal Martínez |
En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezarase a computar no prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, sitas na avenida de Ribadumia, 3 (Ribadumia), das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres.
Ribadumia, 22 de novembro de 2024
David José Castro Mougán
Alcalde
