DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2024 Páx. 66608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO do 22 de novembro de 2024 de notificación do procedemento da orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración,

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

Polígono/parcela

Localización

Interesado

Persoa responsable

Orde de execución

(Exp. 1166-2024)

Resolución Inicio O.E. do 4.11.2024

36043A043001570000JL 

(Polígono 43 - Parcela 157)

A Insua

Ponte Caldelas

Elena Amoedo Parada

Orde de execución

(Exp. 2313-2024)

Resolución inicio O.E. do 6.11.2024

36043A024000370000JH (Polígono 24 - Parcela 37)

Parada

Ponte Caldelas

Manuel Casqueiro Peleteiro

Orde de execución

(Exp. 1583-2024)

Resolución inicio O.E. do 8.11.2024

36043A043007450000JI 

(Polígono 43 - Parcela 745)

A Insua

Ponte Caldelas

Elena Bouzas Vidal

Orde de execución

(Exp. 2380-2024)

Resolución inicio O.E. do 14.11.2024

36043A044006310000JS 

(Polígono 44 - Parcela 631)

Silvoso - A Insua

Ponte Caldelas

Dolores Aurea Lorenzo Vilariño

Orde de execución

(Exp. 1474-2024)

Resolución inicio O.E. do 13.11.2024

36043A037000620000JA

(Polígono 37 - Parcela 62)

Chaín - A Insua

Ponte Caldelas

Alicia Sánchez Baqueiro

Orde de execución

(Exp. 2567-2023)

Resolución inicio O.E. do 13.11.2024

36043A042020760000JS (Polígono 42 - Parcela 2076)

A Insua

Ponte Caldelas

En investigación

Orde de execución

(Exp. 1345-2023)

Resolución inicio O.E. do 9.10.2024

36043A044014120000JU (Polígono 44 - Parcela 1412)

Silvoso

Ponte Caldelas

María Deolinda Orge Vidal

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, polo que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria no caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Ponte Caldelas, 22 de novembro de 2024

Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente do Concello de Ponte Caldelas