DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de decembro de 2024, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no procedemento VI483C de solicitude de axudas ao alugamento do Plan estatal de vivenda 2022-2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro de dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 1ª, Pontevedra.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 3 de decembro de 2024

Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE

Acto obxecto de notificación

202436ALUG00298L

35579289Z

Requirimento de emenda

202436ALUG02182V

15974328T

Requirimento de emenda

202436ALUG02362J

39469995V

Requirimento de emenda

202436ALUG04660B

X7141020A

Requirimento de emenda

202436ALUG05065W

X2560261Q

Requirimento de emenda

202436ALUG05157W

71165741S

Requirimento de emenda

202436ALUG05106C

35674294Y

Requirimento de emenda

202436ALUG05227A

36111123L

Requirimento de emenda

202436ALUG05240Q

36085859D

Requirimento de emenda