DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024, da Área Provincial de Turismo de Lugo, polo que se notifica a apertura de dilixencias previas e se cita para comparecencia o reclamado no expediente de reclamación 73/2024.

Intentada a notificación da apertura de dilixencias previas ao DNI 71885824Z, relativas á reclamación en materia de turismo (expediente de reclamación 73/2024), non puido ser efectuada por causas non imputables á Administración. En consecuencia, e de conformidade co previsto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio procédese a notificar ao titular do referido DNI, en calidade de reclamado, a apertura de dilixencias previas derivadas de reclamación en materia de turismo, mediante a inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do documento que se notifica está á súa disposición na Área Provincial de Turismo de Lugo, na rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo, sinalándolle que dispón dun prazo de quince días para a comparecencia e coñecemento do contido íntegro do acto, así como para presentar alegacións e achegar os documentos que considere convenientes, de acordo co artigo 12.1 do Decreto 148/2013, do 12 de setembro, polo que se regulan o libro de visitas da inspección turística e as follas de reclamacións de turismo.

En virtude do establecido no artigo 15, punto 1, do Decreto 40/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de inspección de turismo e órganos competentes no procedemento sancionador, cítase ao DNI 71885824Z para que compareza nas dependencias da Área Provincial de Turismo de Lugo, situadas na rolda da Muralla, 70, do concello de Lugo, o día 3 de febreiro de 2025 ás 12.00 horas, para os efectos de facilitar o desenvolvemento do labor inspector. A incomparecencia sen causa xustificada entenderase, ao abeiro do artigo 110.7 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, como infracción grave en materia de turismo pola negativa a facilitar a información requirida pola Inspección.

Lugo, 5 de decembro de 2024

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo