De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouse por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente á Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 9 de decembro de 2024
Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Expediente |
Interesado |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
OU-RES-2024-047 |
Y8556340D |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
OU-RES-2024-070 |
E0731400 |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
OU-RES-2024-073 |
1840519336887 |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
|
OU-RES-2024-074 |
022785 |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola directora territorial |
