DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación do cemiterio parroquial de San Xoán de Anceis, no concello de Cambre (expediente 2024AAE2934).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 5 de decembro de 2024 sobre o Plan especial infraestruturas e dotacións para a ampliación do cemiterio parroquial de San Xoán de Anceis, no concello de Cambre.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2934).

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade