DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 66905

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 16 de decembro de 2024 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24, convocados pola Orde do 29 de maio de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 109, do 6 de xuño).

A Orde do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 109, do 6 de xuño) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por delegación de competencia establecida na Orde do 5 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe (€)

2406001370

Otero Lorenzo, María

36019463

IES Johan Carballeira

1.000

2408001261

Vidal Dominguez, Zaira

36019232

IES Monte da Vila

1.000

2409001194

Mouriño Piñón, Paula

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

1.000

2412001174

Blanco Iglesias, María

15027411

IES de Cacheiras

1.000

2424001202

Liu, Yang

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2427001165

Feal Aroco, Isabel

36019281

CPR Sek-Atlántico

1.000

2434001728

Veiga Pazos, Melanie

36018677

IES Luís Seoane

1.000

2435001199

Edreira Leis, Roi

15004794

CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida

1.000

2437001227

Lado Bermúdez, Oliva

15032923

IES de Carral

1.000

2438001732

Castrelo Senra, Alejandro

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

1.000

2446001383

Fernández Casal, Manuel

15026455

IES Terra de Trasancos

1.000

2447001246

Rodríguez Martínez, Gonzalo

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

2453001314

Cid Navascués, Susana

36011798

IES Alexandre Bóveda

1.000

2454001653

Pérez Mora, Olga

36013761

IES A Xunqueira I

1.000

2459001289

Pérez Lodeiro, Antía

36002335

IES Manuel García Barros

1.000

2471001196

Lafuente Bello, Jesús Manuel

36020362

IES Plurilingüe de Valga

1.000

2472001342

López Leal, Fidel

36006717

IES Sánchez Cantón

1.000

2483001692

Echeverri Paleo, Alba

15027952

IES Miraflores

1.000

2493001132

Candisano Gillanders, Nicolás Agustín

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

1.000

2494001155

Acuña Acuña, Dani

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

1.000