A Orde do 19 de xuño de 2024 (DOG núm. 125, do 28 de xuño) pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola Comisión de Selección á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que recollerá a relación de códigos alfanuméricos das persoas premiadas.
Vista a proposta feita pola Comisión de Selección, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de acordo co establecido no artigo 15.2 da orde de convocatoria,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por delegación de competencia establecida na Orde do 5 de xuño de 2024 (DOG núm. 114, do 13 de xuño), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5 de xuño de 2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO
Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24
|
Código persoal do/da alumno/a |
Código centro |
Centro educativo |
Importe (€) |
|
1VICUXRZ |
32009116 |
IES 12 de outubro |
1.000 |
|
25RGP8NO |
36019751 |
IES Antón Alonso Ríos |
1.000 |
|
86CSPXSB |
32001683 |
IES Martaguisela |
1.000 |
|
CEOUZKUL |
36020131 |
IES de Mos |
1.000 |
|
GD6YEFLA |
36011142 |
CPR Plurilingüe María Auxiliadora |
1.000 |
|
H1WDKE0Y |
15005245 |
IES Monelos |
1.000 |
|
I4IFAEL6 |
15015861 |
IES Eduardo Pondal |
1.000 |
|
JKO7CSDF |
15006481 |
CPR Plurilingüe Compañía de María |
1.000 |
|
JVQGMKDZ |
15027927 |
IES Ramón Caamaño |
1.000 |
|
LSQLXDEZ |
32006929 |
CPI Terras de Maside |
1.000 |
|
MH65IOLV |
36020131 |
IES de Mos |
1.000 |
|
OGTVF6FY |
36020374 |
IES Valadares |
1.000 |
|
OP6BBRFB |
36019751 |
IES Antón Alonso Ríos |
1.000 |
|
Q8FUBZPD |
27013934 |
IES Perdouro |
1.000 |
|
SUMBPPN6 |
15025694 |
IES Moncho Valcarce |
1.000 |
|
SWEV5RWW |
32016625 |
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro |
1.000 |
|
VQXYFLAU |
15015861 |
IES Eduardo Pondal |
1.000 |
|
WWPHGY0Q |
36016097 |
CPR Plurilingüe Montesol |
1.000 |
|
YZVXKCZQ |
36004137 |
IES Ramón Mª Aller Ulloa |
1.000 |
|
Z7Z1DTHU |
15002581 |
IES Alfredo Brañas |
1.000 |
