Mediante a Resolución do 9 de xaneiro de 2024 (DOG do 18 de xaneiro e BOE do 29 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir, polo sistema de acceso libre, prazas de persoal de administración e servizos (PAS) funcionario e laboral do marco de estabilización extraordinaria de emprego temporal. O 25 de outubro de 2024, modificada con data do 28 de outubro de 2024, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas correspondentes aos postos de PAS funcionario do subgrupo C2.
A base 5.9 da convocatoria establece que, co fin de asegurar a cobertura da/das praza/s convocada/s, de se producir a renuncia dunha persoa seleccionada antes da toma de posesión ou contratación, ou cando non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do tribunal de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación a persoa proposta, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario de carreira ou contratación como persoal laboral fixo.
Con base no exposto, o 27 de novembro, o tribunal cualificador propuxo a relación complementaria de tres persoas aspirantes, por orde de puntuación, segundo consta no anexo I desta resolución.
Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no punto 7 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo correspondente ás prazas da escala auxiliar que, segundo a base 7.8, son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán por orde de prelación os destinos ofertados, para o que empregarán o formulario dispoñible na sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm. Para isto usarán os medios de identificación que se establecen na base 3.3 da Resolución do 9 de xaneiro de 2024 pola que se convocou o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a elección de destinos cada persoa aspirante deberá acceder ao sistema e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira nesta escala.
3º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Quinto. No caso de non presentar solicitude de elección en prazo, quedar sen destino por seleccionar menos prazas das indicadas ou solicitar unha excedencia sen cumprir os requisitos, asignaráselle á persoa aspirante un posto de oficio entre os que queden sen adxudicar, para o cal se terá en conta a orde de publicación dos postos e o número obtido no proceso selectivo.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento
selectivo na escala auxiliar convocadas para a elección de destino
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***5895** |
García López, Sagrario |
|
2 |
***0504** |
Calvo Villar, Sonia |
|
3 |
***7612** |
Losada Luaces, Rosa María |
ANEXO II
Relación de postos que se ofertan
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición |
Nivel |
Subgrupo |
Quenda |
Campus |
|
|
PF000694 |
Posto base. Xerencia |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Unidade de prestación de servizos: Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica |
|
PF000888 |
Posto base. Negociado CIQUS |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
Comparte CITIUS |
|
PF000709 |
Posto base. Subárea de Contabilidade |
17 |
C1/C2 |
Mañá |
Compostela |
