DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Informática, polo sistema de concurso específico.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 243, do 16 decembro de 2024, publicáronse a convocatoria e as bases do proceso para a provisión do posto de traballo de xefatura de servizo no Servizo de Informática, polo sistema de concurso específico.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

A resolución da convocatoria, co nomeamento da persoa seleccionada, publicarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra e, de forma complementaria, na epígrafe de emprego da sede electrónica do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 16 de decembro de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo do 17.9.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de goberno responsable da Área de Servizos non Territorializados