DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente polo Acordo do Pleno, do 5 de novembro de 2024, a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Ribadeo, en solo urbano, para recualificación de dúas parcelas de zona verde en aparcadoiro municipal xunto co documento ambiental estratéxico, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará dispoñible na sede electrónica deste concello, no enderezo http://www.ribadeo.gal

Este anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Ribadeo, 3 de decembro de 2024

Daniel Vega Pérez
Alcalde