DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2024 Páx. 67114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 271, do 23 de novembro de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a provisión dunha praza de ATS/DUE, en réxime de persoal laboral fixo (grupo II) do organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, incluída na OPE do ano 2022, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo: https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal

Sarria, 23 de novembro de 2024

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde