Ao estar vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, modificada pola Resolución do 26 de setembro de 2023, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión, mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:
Bases da convocatoria
Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira da USC que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.
Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de currículo e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen e que non consten acreditados no expediente persoal dos/as aspirantes.
Cuarta. De conformidade co establecido no artigo 18 do Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da USC, a persoa funcionaria de carreira que desempeñe en comisión de servizos o posto de libre designación incluído nesta convocatoria terá a obriga de participar. O incumprimento desta obriga dará lugar á revogación da comisión de servizos.
Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2024
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Denominación do posto: Secretaría de dirección da Unidade de Xestión Administrativa. Secretaría Xeral.
Número de praza: PF000283.
Subgrupo: C1/C2.
Nivel: 20.
Complemento específico: 10.424,40 €.
Quenda: mañá.
Localidade: Santiago de Compostela.
