DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de decembro de 2024, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica as bases definitivas de concentración da zona.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 5 de decembro de 2024

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Gonzar II (O Pino-A Coruña)

DNI

Número de propietario

Acto notificado

33299880C

714

RDX 31.10.2024

33222710S

369

RDX 31.10.2024

33239255T

442

RDX 31.10.2024