DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de decembro de 2024, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se lle notifica a unha persoa interesada a resolución de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 10 de decembro de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto que se notifica

MA44

35204457J

Resolución de modificación do acordo