DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67377

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Carmelo, Lixeira II e Pedemar II.

Antecedentes:

1. O día 27 de novembro de 2024, David Guerrero Piñero (***9522**), en representación de Segromar Mexillón, S.L. (B72461106), solicitou autorización para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Carmelo, Lixeira II e Pedemar II.

2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.

3. Polas resolucións do 9 de abril de 2019 e do 6 de xuño de 2019, da Consellería do Mar, autorizouse a Mariscos Antón Fernández, S.L. (B70451018) a constitución dun dereito de hipoteca sobre as concesións de actividade das bateas Carmelo, Lixeira II e Pedemar II, que se formalizou en escrituras públicas o 19 de agosto de 2019.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos das concesións administrativas dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Carmelo.

Situación:

Cuadrícula núm.: 22.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 25.10.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Segromar Mexillón, S.L. (B72461106).

Nova titular: Cultivos Antón, S.A. (A36004364).

Tipo: batea.

Nome: Lixeira II.

Situación:

Cuadrícula núm.: 2.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 19.6.1978.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Segromar Mexillón, S.L. (B72461106).

Nova titular: Cultivos Antón, S.A. (A36004364).

Tipo: batea.

Nome: Pedemar II.

Situación:

Cuadrícula núm.: 61.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 4.12.1963.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Segromar Mexillón, S.L. (B72461106).

Nova titular: Cultivos Antón, S.A. (A36004364).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento da formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 17 de decembro de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo