A representación da titularidade da Escola de Música Municipal de Moraña solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa O Buelo, número 4, á rúa Número 3, número 13, de Moraña, de conformidade coa Orde do 11 de marzo de 1993, que regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas.
Logo de realizar os trámites que establece a normativa vixente, o Departamento Territorial de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes.
Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións da rúa O Buelo, número 4, á rúa Número 3, número 13, de Moraña, da escola de música que se sinala a seguir:
Denominación: Escola de Música Municipal de Moraña.
Código: 36024677.
Enderezo: rúa Número 3, número 13.
Localidade: Santa Lucía, Saiáns.
Código postal: 36660.
Concello: Moraña.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Concello de Moraña.
Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
