DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 24 de decembro de 2024 Páx. 67352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de novembro de 2024, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín e A Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo) (expediente IN407A 2024/137-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda. Repotenciación.

Situación: concellos da Pobra de Trives, Larouco, Petín e A Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo).

Características principais recollidas no proxecto:

• Tramo 1 (Ourense): substitución do apoio núm. 116 por un novo apoio núm. 116N do tipo Imedexsa GCO-40000-20-N1231 que se vai instalar nas seguintes coordenadas: UTM ETRS 89 fuso 29 X: 646304 Y: 4688933. Substitución do condutor do tipo 17.67 existente entre o apoio núm. 113 e o límite provincial situado no van dos apoios núms. 117/118 por 2.427 m de novo condutor do tipo LA-280.

• Tramo 2 (Lugo): substitución do apoio núm. 123 por un novo apoio núm. 123N do tipo Imedexsa GCO-40000-15-NX121, que se vai instalar nas seguintes coordenadas: UTM ETRS 89 fuso 29 X: 647956 Y: 4688613. Substitución do condutor do tipo 17.67 existente entre o límite provincial situado no van dos apoios núms. 117/118 e o límite provincial situado no van dos apoios núms. 124/125 por 3.507 m de novo condutor do tipo LA-280.

• Tramo 3 (Ourense): substitución dos apoios núms. 142, 153 e 155 por novos apoios núms. 142N, 153N e 155N do tipo Imedexsa GCO-40000-15-N1121, GCO-40000-15-N1121 e GCO-40000-30-N1121, respectivamente, que se van instalar nas seguintes coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29: (X: 652058 Y: 4690142), (X: 653255 Y: 4692213) e (X: 653370 Y: 4692847). Substitución do condutor do tipo 17.67 existente entre o límite provincial situado no van dos apoios núms. 124/125 e o apoio núm. 164 por 19.616 m de novo condutor do tipo LA-280.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado pola enxeñeira industrial Isabel López Ferrer, colexiada núm. 17.566 do COIIM, o 10.7.2023.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nos departamentos territoriais da Consellería de Economía e Industria de Lugo e Ourense, respectivamente, na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, e na rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 28 de novembro de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/137-3.

Situación: concellos da Pobra de Trives, Larouco Petín e A Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo).

Denominación: LAT 132 kV DC Regueiro-Rúa e Peares-Carballeda. Repotenciación.

Concello da Pobra de Trives

Predio núm. no proxecto: 1; referencia catastral: 32064A023008520000JX.

Lugar: Modorrón.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 72 m2 para o apoio núm. 116N.

Concello de Petín

Predio núm. no proxecto: 4; referencia catastral: 32061A018003140000TF.

Lugar: Ameiros.

Cultivo: prado.

Titular: Áurea Blaco Basalo.

Afeccións: ocupación de 52 m2 para o apoio núm. 153N.

Predio núm. no proxecto: 5; referencia catastral: 32061A018003190000TD.

Lugar: Ameiros.

Cultivo: prado.

Titular: Áurea Blaco Basalo.

Afeccións: ocupación de 3 m2 para o apoio núm. 153N.

Predio núm. no proxecto: 6; referencia catastral: 32061A018007540000TY.

Lugar: Raspallosa.

Cultivo: prado.

Titular: Felicidad Pérez García.

Afeccións: ocupación de 72 m2 para o apoio núm. 155N.