Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 11.7.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: adecuación CT A Manchica-32C425.
Situación: lugar da Manchica, concello da Merca.
Orzamento: 83.133,89 €.
Características técnicas:
• Substitución, nas LMTA DC SVC803 e CEL804, do apoio existente núm. 105-7 por un novo apoio de celosía metálica, do tipo C-18/7000. Substitución do condutor da LMTA CEL804 entre o dito apoio proxectado e o apoio existente núm. D105-8 por 49 m de novo condutor LA-56.
• Desmonte do CT A Manchica-32C425, que se substitúe por un novo CT de tipo prefabricado, telecontrolado GSM/GPRS/FO 3L1P, con transformador de 400 kVAs e r/t 20.000/400 V, na mesma parcela que ocupa o existente.
• LMTS, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), coa orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm. 105-7 e final no novo centro de transformación.
• LMTS, a 20 kV, de 60 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), coa orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio proxectado núm.105-7 e final noutro paso A/S que se vai realizar no citado apoio, despois de realizar entrada-saída no novo centro de transformación.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 28 de novembro de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
