En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Profand Piscifactorías de Galicia, S.L.
NIF: B06805519.
Expediente: DH.V15.99052.
Lugar: O Mosquetín.
Parroquia: Salto.
Concello: Vimianzo.
Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.
Caudal máximo anual 1: 31.536.000 m3/ano.
Punto de vertedura 1: X=500.881; Y=4.777.950.
Medio receptor 1: río Grande.
Tratamento/evacuación 1:
As augas residuais industriais procedentes das piscinas son tratadas nunha balsa de decantación antes da súa vertedura ao río Grande.
Tipo de vertedura 2: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.
Caudal máximo anual 2: 365 m3/ano.
Punto de vertedura 2: X=500.949; Y=4.778.022.
Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía do río Grande).
Tratamento/evacuación 2:
As augas residuais asimilables a domésticas xeradas na vivenda existente nas instalacións son tratadas mediante un separador de graxas e un sistema compacto de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñado para 5 habitantes equivalentes, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo mediante un sistema de dúas gabias filtrantes en paralelo.
Tipo de vertedura 3: augas residuais asimilables a domésticas depuradas.
Caudal máximo anual 3: 365 m3/ano.
Punto de vertedura 3: X=500.928; Y=4.778.038.
Medio receptor 3: infiltración no terreo (bacía do río Grande).
Tratamento/evacuación 3:
As augas residuais asimilables a domésticas xeradas na zona de comedor, aseos e vestiarios son tratadas mediante un separador de graxas e un sistema compacto de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñado para 5 habitantes equivalentes, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo mediante un sistema de dúas gabias filtrantes en paralelo.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
