DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 12 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN408A 2019/013).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, situada no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2024

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN408A 2019/013

RAI-DXERCC-141.3/24

44827690T

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2019/013

RAI-DXERCC-141.6/24

49331925F

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2019/013

RAI-DXERCC-141.9/24

32777358N

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2019/013

RAI-DXERCC-141.17/24

32829901T

Acordo de denegación da solicitude de suspensión