DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67571

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro, por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro),

Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 35000286.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Ámbito de coñecemento: Filoloxía, estudos clásicos, tradución e lingüística.

Universidades participantes: Universidade da Coruña; Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: virtual.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

36

Optativas (OP)

9

Prácticas externas obrigatorias (PAE)

6

Traballo fin de máster (TFM)

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Desenvolvemento de Materiais para o Ensino de Español LE/L2

OB

6

Materias obrigatorias

O Léxico e o seu Ensino en Español LE/L2

OB

6

Enfoques Metodolóxicos na Aprendizaxe e o Ensino de Segundas Linguas

OB

6

A Gramática e o seu Ensino en Español LE/L2

OB

6

A Pragmática e a Sociolingüística no Ensino de Segundas Linguas

OB

6

Planificación, Xestión e Avaliación do Proceso de Ensino e Aprendizaxe de Segundas Linguas

OB

6

Contextos de Ensino de Español LE/L2

OP

3

Materias optativas

Ensino da Lingua Española a Signantes

OP

3

Ensino do Español con Fins Específicos

OP

3

A Aprendizaxe de Español LE/L2 Baseado en Datos de Corpus

OP

3

As Actividades Comunicativas da Lingua: Comprensión, Expresión, Interacción e Mediación

OP

3

As Variedades do Español e o seu Ensino en Español LE/L2

OP

3

Prácticas externas

OB

6

Prácticas académicas externas

Traballo Fin de Máster

OB

9

Traballo fin de máster

Total créditos ofertados

69