Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro, por medio da Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro de 2024).
Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría Agronómica pola Universidade de Santiago de Compostela.
O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Máster universitario en Enxeñaría Agronómica
pola Universidade de Santiago de Compostela
Código RUCT: 3500276.
Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.
Ámbito de coñecemento: Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.
Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.
Modalidade de impartición: presencial.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.
|
Tipo de materia |
Créditos ECTS |
|
Obrigatorias (OB) |
60 |
|
Optativas (OP) |
12 |
|
Prácticas externas obrigatorias (PAE) |
6 |
|
Traballo fin de máster (TFM) |
12 |
|
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Plan de estudos do máster.
|
Materia |
Carácter |
Créditos |
Módulo |
|
Construcións e Infraestruturas Agroindustriais |
OB |
4 |
Tecnoloxía e planificación do medio rural |
|
Xestión de Recursos Hídricos |
OB |
4 |
|
|
Xestión Enerxética nos Procesos Agroalimentarios |
OB |
3 |
|
|
Ordenación Rural |
OB |
3 |
|
|
Política Agraria e Desenvolvemento Rural |
OB |
3 |
|
|
Sistemas de Rega e Drenaxe |
OB |
3 |
|
|
Alimentación Animal |
OB |
3 |
Tecnoloxía da produción vexetal e animal |
|
Mellora Xenética Animal |
OB |
3 |
|
|
Obtención e Produción de Material Vexetal |
OB |
3 |
|
|
Sistemas de Produción Vexetal |
OB |
4 |
|
|
Sistemas de Protección Integrada |
OB |
3 |
|
|
Tecnoloxía da Produción Animal |
OB |
4 |
|
|
Enxeñaría das Industrias Agroalimentarias |
OB |
6 |
Tecnoloxía das industrias agroalimentarias |
|
Tecnoloxía e Seguridade Alimentaria |
OB |
4 |
|
|
Comercialización e Márketing Agroalimentario |
OB |
3 |
Xestión e organización de empresas agroalimentarias |
|
Dirección da Empresa Agroalimentaria |
OB |
4 |
|
|
Xestión Loxística no Sector Agroalimentario |
OB |
3 |
|
|
Abastecemento e Depuración de Augas |
OP |
3 |
Especialidade en agroenxeñaría |
|
Dirección de Proxectos |
OP |
3 |
|
|
Enerxías Renovables |
OP |
3 |
|
|
Xestión da Calidade Agroalimentaria |
OP |
3 |
|
|
Enxeñaría da Madeira Estrutural |
OP |
3 |
|
|
Tecnoloxía da Información Xeoespacial |
OP |
3 |
|
|
Calidade na Produción de Leite |
OP |
3 |
Especialidade en enxeñaría da produción de leite |
|
Xestión Técnico-Económica de Explotacións de Vacún de Leite |
OP |
3 |
|
|
Manexo de Pastos |
OP |
3 |
|
|
Morfoloxía e Fisioloxía da Vaca de Leite |
OP |
3 |
|
|
Programas de Alimentación de Vacún de Leite |
OP |
3 |
|
|
Sistemas de Produción e Organización do Traballo |
OP |
3 |
|
|
Deseño e Condución do Viñedo |
OP |
3 |
Especialidade en vitivinicultura |
|
Deseño e Xestión de Adegas |
OP |
3 |
|
|
Enoloxía |
OP |
3 |
|
|
Enxeñaría dos Procesos da Industria Enolóxica |
OP |
3 |
|
|
Produción Vitícola |
OP |
3 |
|
|
Viticultura de Zonas Atlánticas |
OP |
3 |
|
|
Prácticum. Sen Especialidade |
OB |
6 |
Prácticas en empresa |
|
Prácticum. Especialidade en Agroenxeñaría |
|||
|
Prácticum. Especialidade en Produción de Leite |
|||
|
Prácticum. Especialidade en Vitivinicultura |
|||
|
Traballo Fin de Máster. Sen Especialidade |
OB |
12 |
Traballo fin de máster |
|
Traballo Fin de Máster. Especialidade en Agroenxeñaría |
|||
|
Traballo Fin de Máster. Especialidade en Producción de Leite |
|||
|
Traballo Fin de Máster. Especialidade en Vitivinicultura |
|||
|
Total créditos ofertados |
132 |
||
Especialidades:
O título de máster en Enxeñaría Agronómica inclúe a posibilidade de que o estudantado opte entre tres especialidades distintas, se así o desexa, ou finalizar a titulación sen especialidade.
As tres especialidades que se ofertan son:
– Agroenxeñaría.
– Enxeñaría da Produción de Leite.
– Vitivinicultura.
Os módulos de especialidade supoñen a realización de 12 créditos ECTS optativos, dos 18 créditos ECTS optativos ofertados. Para obter a especialidade, o estudantado deberá cursar 4 materias optativas das 6 que se ofertan en cada un dos módulos que conforman a especialidade correspondente, así como realizar as prácticas externas e o traballo fin de máster en temáticas relacionadas coa especialidade elixida.
