DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67565

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2024 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría de Montes.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e declarado o carácter oficial do título mediante o Acordo do Consello de Ministros do 17 de setembro de 2024 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 27 de setembro de 2024 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 20 de setembro).

Este reitorado resolve publicar o plan de estudos conducentes á obtención do título oficial de máster universitario en Enxeñaría de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela.

O plan de estudos a que se refire a presente resolución quedará estruturado conforme figura no seu anexo.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Enxeñaría de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela

Código RUCT: 3500275.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Ámbito de coñecemento: Enxeñaría química, enxeñaría dos materiais e enxeñaría do medio natural.

Universidade participante: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

60

Optativas (OP)

15

Prácticas externas obrigatorias

6

Traballo fin de máster (TFM)

9

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Aproveitamentos de Biomasa Forestal

OB

3

Industrias e enerxías forestais

Construción de Infraestruturas Forestais

OB

4

Deseño de Industrias Forestais

OB

3

Enerxías Renovables

OB

3

Produción de Biomasa e Cultivos Enerxéticos

OB

4

Proxectos de Industrias Forestais

OB

3

Control da Contaminación e Auditoría Ambiental

OB

3

Planificación e mellora forestal a escala territorial

Xestión Sustentable de Montes e Comarcas Forestais

OB

5

Mellora Xenética Forestal

OB

3

Ordenación e Xestión Territorial

OB

3

Planificación Hidrolóxica

OB

3

Planificación e Xestión de Espazos Naturais Protexidos

OB

3

Dirección de Proxectos

OB

3

Organización de empresas e política forestal e do medio natural

Estratexias Mundiais de Protección do Medio Natural

OB

3

Avaliación Técnico-Económica de Recursos Forestais

OB

3

Mercados e Dirección de Empresas Forestais

OB

6

Socioloxía e Políticas Forestais

OB

5

Accións de Conservación en Espazos Protexidos

OP

3

Especialidade en espazos protexidos

Aproveitamento de Recursos en Espazos Protexidos

OP

3

Criterios de Deseño de Espazos Protexidos

OP

3

Economía e Política Ambiental

OP

3

Avaliación da Biodiversidade

OP

3

Infraestruturas e Uso Público de Espazos Protexidos

OP

3

Análise e Simulación de Incendios

OP

3

Especialidade en incendios forestais

Efectos do Lume sobre os Ecosistemas

OP

3

Xestión do Combustible con Fins Preventivos

OP

3

Plans de Defensa e Avaliación Económica de Danos por Incendio

OP

3

Rexeneración e Restauración Forestal tras Incendio

OP

3

Teledetección e SIX nos Incendios Forestais

OP

3

Desenvolvemento e Validación de Modelos

OP

3

Especialidade en modelos para a xestión forestal

Modelos para Plantacións Forestais

OP

3

Modelos para Bosques Naturais

OP

3

Modelos Ecofisiolóxicos e de Efectos do Cambio Global

OP

3

Modelos de Nutrientes, Carbono e Auga

OP

3

Modelos de Producións non Madeireiras

OP

3

Prácticum. Sen especialidade

OB

6

Prácticas externas e traballo de fin de máster

Prácticum. Especialidade en Espazos Protexidos

Prácticum. Especialidade en Incendios Forestais

Prácticum. Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal

Traballo Fin de Máster. Sen especialidade

OB

9

Traballo Fin de Máster. Especialidade en Espazos Protexidos

Traballo Fin de Máster. Especialidade en Incendios Forestais

Traballo Fin de Máster. Especialidade en Modelos para a Xestión Forestal

Total créditos ofertados

129

Especialidades:

O título de máster universitario en Enxeñaría de Montes inclúe a posibilidade de que o estudantado opte entre tres especialidades distintas, se así o desexa, ou finalizar a titulación sen especialidade. As tres especialidades que se ofertan son:

– Espazos Protexidos.

– Incendios Forestais.

– Modelos para a Xestión Forestal.

Para obter unha especialidade, o estudantado deberá cursar 5 materias optativas das 6 que se ofertan en cada un dos módulos que conforman a especialidade correspondente, así como realizar as prácticas externas e o traballo fin de máster en temáticas relacionadas coa especialidade elixida.