Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 243, do 18 de decembro de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 66322, onde di:
«Primeiro. Nomear funcionaria en prácticas da escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A2, a persoa aspirante proposta que se relaciona no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 24 de xaneiro de 2025, data en que comezará o curso selectivo».
Debe dicir:
«Primeiro. Nomear funcionaria en prácticas da escala técnica superior de administración, especialidade económica, subgrupo A1, a persoa aspirante proposta que se relaciona no anexo desta resolución, con efectos económicos e administrativos do día 24 de xaneiro de 2025, data na que comezará o curso selectivo».
