DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67654

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da transmisión con cambio da titularidade de dúas parcelas de dominio público a favor da Administración do Estado para a construción da nova sede da comisaría da Policía Nacional.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 30 de outubro de 2024, aprobouse a transmisión de dúas parcelas de dominio público do Concello de Lugo, a favor da Administración do Estado, para a construción da nova sede da comisaría da Policía Nacional. As ditas parcelas son as seguintes:

– Parcela nº 1, na rúa Orquídea, con referencia catastral 6434401PH1663S0001DK.

– Parcela nº 2, na rúa Aquilino Iglesia Alvariño, con referencia catastral 436702PH1663N0001ZP.

Están cualificadas no Plan xeral de ordenación municipal como solo urbano consolidado e a ordenanza de aplicación para usos é a de equipamento comunitario do PXOM e a ordenación espacial do UZPI-4R.

De conformidade co disposto no artigo 32.4 da Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, publícase este anuncio para os efectos oportunos.

Lugo, 6 de novembro de 2024

Mercedes Paula Alvarellos Fondo
Alcaldesa