DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 26 de decembro de 2024 Páx. 67653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2024-0909, do 13 de novembro de 2024, acórdase o nomeamento de funcionarios de carreira de dúas (2) prazas de auxiliar administrativo da escala da Administración xeral, polo sistema de oposición libre, do Concello de Foz, en cuxa parte dispositiva se fai constar:

Primeiro. Nomear como funcionarios de carreira de dúas (2) prazas de auxiliar administrativo da escala da Administración xeral no Concello de Foz a:

– Adrián Feijoo González, titular do DNI ****384**.

– Pablo José Lozano Pardiño, titular do DNI ****144**.

Segundo. As características das prazas (tipo de xornada, retribucións, tarefas, condicións de traballo, etc.) son as reflectidas nas bases referenciadas e na RPT do Concello de Foz e no Estatuto básico do empregado público, cuxo texto refundido foi aprobado polo Real decreto 5/2015, do 30 de outubro.

Terceiro. Notifíquese esta resolución aos interesados e déase traslado dela aos servizos municipais de Recursos Humanos, Intervención, Tesouraría e Emprego para os efectos oportunos.

A toma de posesión das prazas convocadas efectuarase no prazo máximo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Cuarto. Publíquese este nomeamento no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro municipal de anuncios do Concello de Foz.

Foz, 13 de novembro de 2024

Franciso Cajoto Caserío
Alcalde