De conformidade co establecido na cláusula cuarta das bases xerais reguladoras dos procesos de estabilización do emprego temporal do Concello de Cabanas, ao abeiro do artigo 2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público, publicadas no BOP núm. 62, do 27.3.2024, e unha vez finalizados os procesos selectivos correspondentes ás prazas de operario/a servizos múltiples, limpador/a de edificios municipais e oficial encargado/a de obras, publícanse no DOG os nomeamentos como persoal laboral fixo do Concello de Cabanas das seguintes persoas aspirantes aprobadas nos procesos selectivos convocados para cada unha das prazas que se indican a seguir:
|
Praza |
Apelidos e nome |
NIF |
Resolución nomeamento |
|
Operario servizos múltiples |
Ferreiro Arnoso, Andrés |
***3870** |
1202/2024; data 18.12.2024 |
|
Limpadora edificios municipais |
García Lorenzo, Ana |
***4887** |
1209/2024; data 19.12.2024 |
|
Oficial encargado obras |
Gómez Deiros, Pablo |
***2961** |
1205/2024; data 18.12.2024 |
O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.
Cabanas, 19 de decembro de 2024
Fernando Couce Rodríguez
Alcalde
